RenaRenato

RenaRenato (Renato Domínguez Presa), nacín en Río de Janeiro (Brasil) no ano 1978. Marchei a vivir a Vigo (Galiza) dez anos despois. Brasileiro emigrante, fillo e neto de emigrantes galegos, son tan só un humano nun mundo (a)occidental.

Aprendiz autodidacta, sorrinte buscador, deixei de lado o meu título de Enxeñeiro de Telecomunicacións para correr o grande risco de saber quen son, onde estou e que fago aquí.
Xunto a ti descubrirei que a (r)evolución humana, a transformación social e os cambios persoais xa están en marcha, e son uns fenómenos! imparables.

Traballo como artista do Semáforo nas rúas de Vigo (impulsando a consciencia da necesidade dunha cultura de Paz), como debuxante da minha mini-revista "Semáforo 2.N. Rogho", e como instructor de Ioga Tibetano e meditación;
como filósofo, meditador e pallaso na busca e encontro da #FelizCidade, atopo grandes verdades tanto nas Matemáticas, como nas Asembleas, en Soños,  paseando polas rúas, ou as mellores de todas, as saídas do meu Corazón.

Interésame todo o que teña que ver co cambio de Consciencia que está tendo lugar...
(novos descubrimentos, coñecementos antigos, etc)
...aínda que por suposto, sigo pensando por min mesmo.

Pensa global,
actúa local. "Sexamos GLOCAIS".

Prioridades

A ecoloxía e a defensa da Terra. Con pequenos cambios de hábitos, conseguimos superar grandes retos.

A defensa da liberdade individual e da Vida. Xurden outras formas de alimentarse, de educar, de cuidarse ou de vivir; fai falla ter a mente aberta para aceptar outras propostas... podería darse o caso de que ata nos gusten e todo. ;)

Por último, quero resaltar o meu compromiso con alcanzar unha maior comprensión dos ideais de alegría, gozo e Felicidade; se non logramos cambiar o mundo, fagamos alomenos algo máis sorridente e levadeiro o noso entorno.

"Cambio eu e cambiará o meu mundo.
Cambia ti e cambiarás o teu mundo.
Cambiemos todxs, cambiemos o Mundo!".

Busco transmitirte algo máis do que xa sabes, para poder crecermos xunt*s.
Comparte ti conmigo o que consideres.

Un pensamiento que evoluciona,
es un pensamiento que cambia.

Aquilo do que non se fala, non existe.
#Semaforismo  #FelizCidade  #PazCiencia  #AmorIncondicional  #GraciaDivina

No hay comentarios:

Publicar un comentario