lunes, 2 de enero de 2017

#61 Humor transparente, humor sanador

#Imaxina a todo o mundo... vivindo a vida en paz.

Cando nalgún lugar do mundo se pide "a imaxinación ao poder", estamos tamén pedindo, ou así deberíamos facer, máis poder á nosa propia imaxinación, que si, que se pode ;)
A pesar de ser algo que non ten límites (a propia Imaxinación ideal), a pequena imaxinación de cada unha de nós si, e considero convinte descubrir onde están os nosos propios límites... para así poder superalos!

Cun pequeno esforzo diario, melloraremos algunha das nosas virtudes. Apliquémonos. Con algo de práctica, insistencia e constancia, ninguén sabe onde (por fin) chegaremos!


#Alegría, Humor, FelizCidade

A imaxinación que nos fai rir é unha imaxinación que nos sana.

O mundo que queremos, é un mundo aínda por inventar, e polo tanto, serán precisas moitas novas e boas ideas... provintes de estudios e análises de ideas xa expostas nalgures... (algunhas demasiado sesudas)... falo aquí de humor.

Debido a imposibilidade de explicalo racional e "científicamente", pode que o humor quede relegado a un aspecto secundario das nosas vidas, tanto as persoais como sociais.
Por iso é urxente, que nós, pallasas e pallasos do mundo, e máis as persoas coa capacidade de rirse de nós mesmas, o saquemos a paseo... disfrutando das nosas imaxinativas mentes.

En definitiva, en definición, invento un novo termo:

HUMOR TRANSPARENTE
--> Esa clase de humor, calor, sensación que se sinte por dentro e non se pode explicar. É real, aínda que outras non o entendan.
--> Humor que te fai sentir ben... de verdade!
--> Sentimento ou sensación que, por non malgastalo ou perdelo, tan só se exterioriza cun lixeiro sorriso...
...ai, hihihi, amig@s, si!!! Creo que "humor transparente", é, simplemente, meditar <3.
--> (pon aquí, ou nos comentarios, a túa definición ;) )

AVISO PARA NAVEGANTAS:
--> Haberá alguén que cando che vexa sorrir, vai tentar facerte chorar... inconscientemente, claro! Observa como se moven as emocións no teu interior, recolócaas, e tan só devolve Alegría e Amor! ;)

#HumorSanador
O máis difícil de ver, o que (aínda) non conseguimos ver.
Vive o cambio, dáte de conta, Cambia... sexamos felices ata no Semáforo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario