miércoles, 13 de enero de 2016

#53 Espiritualidade = Política (alegría de Vida + democracia de Rúa)

Pasan os anos e seguen acontecendo importantes acontecementos, grazas a unha razón clara: vemos os cambios na sociedade cando cambiamos as nosas formas individuais desentir, actuar e pensar.
E así, atopámonos cun novo ano numérico (#FelizAno16!), cunha nova lexislatura no goberno do estado, e tamén con novas sensacións e ideas que nos chegan e que percibimos.

Cunha visión optimista da Vida, e perante a que está caindo, debémonos de lembrar dun sabio consello: “o mellor aínda está por chegar”, sobretodo se temos en conta o presente, claramente mellorable.
Quédanos moito por ver e que aprender, e isto tan só será posible deixando atrás as culpas e os victimismos e facéndonos co·responsables do que nos acontece. Así pois, querendo dar exemplo, seguirei traballando dende este blogue para promover o traballo en prol do coñecemento, da toma de consciencia e en favor da Paz universal.

A igualdade coa que titulo este artigo: ESPIRITUALIDADE = POLÍTICA, ten que ver cunha visión persoal destes dous ámbitos, aparentemente separados e divididos, pertencentes ambos á natureza humana e que requiren horas de reflexión e estudo. Sen pretender impor ningunha idea, e dende a humildade e a simpleza, expoño pois, a minha reflexión persoal:

    + co termo “espiritualidade”, refírome ao camiño interior, á idea do auto·coñecemento e do crecemento persoal, ao traballo interior de cada individuo ou grupo social, da súa propia auto·Consciencia. Como seres humanos que somos, debemos de ter en conta (e cada vez máis) as emocións/sentimentos, a Natureza, a enerxía, as motivacións e as crenzas, tanto as propias como a das demáis persoas como partes integrantes dunha totalidade. Que Terra non hai máis que unha, e que somos parte desa unidade. Somos 1 e o sabemos, podémolos sentir, dicir e compartir... fagámonos pois, un pouquiño máis sabi*s.

    + co termo “política”, refírome ao camiño exterior, a materialización do feito anterior: o acto de servicio á Terra e ao común de todos os nosos seres durante todos e cada un dos días das nosas vidas. Seguimos en democracia, e como persoas civilizadas, aceptamos os resultados electorais e continuamos traballando, pois vemos moitas cousas a cambiar: seguimos nos centros de traballo, na familia, no supermercado e no mercadillo, e por suposto, na rúa, de onde nunca saímos. Intercambiamos ideas, estilos, maneiras de facer, e seguimos a compartir o que mellor nos parece: esa é a mellor política, os sorrisos do día·a·día... fagámonos pois, cada día máis felices.

E é que algo está cambiando: cada vez somos máis donas das nosas vidas. Deixamos atrás vellos paradigmas, liberamos as nosas mentes e os nosos corpos... o noso espíritu segue intacto!
Algo está cambiando: seguimos traballando, abríndonos camiño nesta selva de tebras,falsidade e burocracia... próxima estación: a nosa FelizCidade, a de tod*s.
Algo está cambiando: cada vez somos máis, e nós, sen dúbidas, seguimos e seguiremos xuntas.
Ata a Victoria, ata o fin, ata na guerra... e por suposto, sempre en Paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario