sábado, 3 de diciembre de 2016

#60 O consenso

O obxectivo principal de toda asemblea é o consenso. Antes mesmo que os tres obxectivos específicos ou secundarios (eficacia, participación, bo ambiente (ver entrada #57 “objetivos de la asemblea”, maio’16)), debemos sempre recordar ou ter en mente que é o noso deber pornos de acordo, alomenos nuns mínimos como grupo, para despois continuar o noso traballo individualmente.

Para dito consenso fan falla “persoas de consenso”. Persoas dispostas a ceder parte dos seus propios intereses, persoas que escoiten ao grupo, que opinen escueta e abertamente, con ganas de axudar, aportando tan só o que saben, humildemente... con moito tino, posto que calquera pode estar equivocada, en calquera momento!

O consenso nos fai máis fortes como grupo, a todas nos é grato. Os beneficios de chegar a un consenso unánime repercute, ademáis de nas persoas, tamén nas persoas que as rodean.

Crecemos consensuando, facémonos “maiores”, maduramos e lóxicamente, continuamos. E o que a sociedade nos pide e nos esixe de nós, nós, con todo o noso corazón, vamos e llo damos.

#Formación #Asemblea #Pódese! #Consciencia #Cambio

miércoles, 21 de septiembre de 2016

#59 Ignorancia e sabiduría

Coñecete a ti mesma.

É ben sabido que unha persoa sabia fáise cando sabe o que non coñece. Coñecer as propias limitacións é un paso cara a sabiduría. Falemos agora, pois, da IGNORANCIA.
Sabiduría e ignorancia son dúas caras da mesma moeda... e é preciso ter as dúas en conta.

Ignorancia=estupidez=idiotez=imbecilidade (quasi-sinónimos)

Adentrándonos un pouco máis no eido da "ignorancia", é convinte recoñecer dúas das súas posibles vertentes:

- a ignorancia propia e innata de cada ser humano (persoal)
- a ignorancia provinte da tradición e do mundo "real" (social)

As dúas están entrelazadas; ao igual que nas persoas se reflexan as tradicións, a cultura popular está feita por persoas humanas. Ti e máis eu entre elas, somos en parte responsables do que acontece no mundo enteiro, e temos a posibilidade de cambio, sempre e en calqueira momento. O que fagamos inflúe e ten repercusión no mundo enteiro.

Tomemos consciencia de onde estamos e que poder temos, tanto sobre nós mesmas, como sobre os demáis.
Tomemos consciencia da proveniencia dese poder.
Tomémola e soltémola á vez.


Opinión persoal, (póndolle apelidos aos nomes das "cousas"):

Cada catro anos se celebran eleccións, e nesta sociedade na que vivo, detecto unha certa "ignorancia democrática". Ignorancia democrática, por opinar sen saber, falar sen escoitar, ou apegarse a razóns que non levan máis lonxe de onde xa estamos ("son todos iguais", "non serve de nada", etc)

Cun tercio de poboación "abstemia", esas persoas que por diversos motivos non votan, fáisenos máis difícil conquerir o poder que pedimos e reclamamos. Aínda así, seguimos e seguiremos, por diversas razóns:

- Votar para que non gobernen as que mal·usaron o poder (voto de castigo).
- Votar para que goberne unha opción "menos mala" (voto de confianza)
- Votar para cambiar o mundo (voto de ilusión)
Son tan só tres motivos para facelo, mais se me permitides, direivos que hai que ir "máis alá", e que o obxectivo da sociedade, ao meu parecer, é actuar en consecuencia con aquilo no que cres.

Non votamos a ladróns, e polo tanto, tampouco roubamos.

Saimos a votar, día si e día tamén, sorrindo e dando as grazas por ter o que temos. Apoiando a quen se esforza, da maneira que mellor poidamos.

Unha oportunidade histórica temos neste momento, que como os anos bisestos, tan só se repite de 4 en 4 anos.
Sae a votar, e asegúrate, intenta, motiva, para que todas as persoas afíns as túas ideas tamén o fagan! ;o)

#SiSePuede #Pódese #SomosMarea

pd. Prefiro e promovo a fórmula persoal #SomosMarea en vez da fórmula impersoal #HaiMarea pola súa "inclusividade". Somos nós as encargadas de transformar a realidade. Non existe unha "Marea" sen nós.
pd2. Sorte e ánimos neste laborioso e longo traballo.

sábado, 6 de agosto de 2016

#58 O valor da humildade

O valor da humildade

aprendendo a recorrer novos camiños, cos mesmos valores, con outros puntos de vista


Ante o situación entre Marea e Podemos, e as súas bases (que somos todas), sobre o entendemento do significado da palabra “alianza”, e deixando ao marxe os posibles pactos (ou non) de última hora para consensuar unha lista única, gustaríame falar do “valor da humildade”, tanto de persoas como de partidos..


Da filosofía oriental aprendín que tanto un soberano (alguén con poder), como os seus servintes (as persoas ao seu cargo) deben de exercer a humildade con distintas perspectivas:
--> quen ten o poder, é humilde e así obtén o servicio dos seus servintes.
--> quen “está ao cargo”, os servintes, son humildes posto que así obteñen a seguridade que o soberano lles presta.

Son moitas as preguntas que cada quen ten que solucionar pola súa conta, sen perder de vista que a humildade, máis que unha idea teórica, é un valor a por en práctica.

Quen ten poder e quen é servinte?
Sobre quen temos poder e a quen servimos?
Ata onde estamos dispostas a chegar... en troques de obter poder, ou de prestar servicio... 
...xogamos a ver quen é máis humilde?


Pediría iso si, respeto, algo de silencio e tamén un pacto de cortesía ante as decisións individuais e grupais as que chegaremos en tan só uns días. Amabilidade, humildade e modestia tanto nos bos momentos, como cando todo sexa "un pouco" máis difícil.
(Con cortesía refírome á moderación nas palabras e nos xestos cara as “do outro bando”, posto que ambas queremos o mesmo, e esta debe ser o noso principal obxectivo: sacar do medio ao Pp e deixar atrás a súa maioría absoluta.)

Teñamos claro que é o que (non) queremos, sexamos xustas, e sumemos forzas con quen pensa igual ca nós, traballando cóbado con cóbado dende as bases.
Sexamos boas compañeir*s no camiño, posto que se non é agora o momento de presentar listas conxuntas, se non conseguimos chegar a acordo...
...será máis adiante, de seguro, a partir do 26 de setembro, cando nos toque gobernar xuntas, para unha inmensa maioría de persoas, da nosa veciñanza.

Non hai lugar para dúbidas. O que si hai, é moito traballo por facer. Comeza por ti ;)
#HaiMarea e #PODEMOS, xuntas ou por separado, sexamos libres e que cada unha decida por si mesma!

Moita sorte e ánimos cara este treito (outra vez) decisivo da nosa historia.
E non nos esquezamos de sorrir, iso si... sempre!
Saúdos fraternos, 

RenaRenato  (ao voso servizo)
Inscrito en Podemos, asinante de manifestos “mareíles”, e ante todo, pensador in(ter)dependente


Pd. Vexo sen reservas, o positivo da posibilidade de dúas listas: chegaremos con mensaxes diferentes a un público máis amplo. Conseguiremos unha maior movilización do voto. Tomaremos a Xunta de Galicia.
Pd2. E por último lembrémonos, poderosos e servintes, de sermos humildes, así como de ter o valor de exercelo! :D

miércoles, 27 de julio de 2016

(Tras un largo "descanso"... ) volta á carga!

Descanso aparente, que non paramos quietos.

Enerxías que se moven, unha Consciencia que chega e outra que se estabiliza, collendo Forzas para os novos Tempos nos que xa estamos.

Ser pallaso e traballar na rúa, faise duro cando non é valorado.
Busco as claves, as respostas, a solución a esta "condición" actual na que estou, e tan só sei que debo seguir adiante.

Traballando pola #FelizCidade :o)

en breves procuro subir unhas imaxes para facer a web máis bonita... se queres ir vendo parte do meu traballo, pásate polo meu fb... grazas!!!

www.facebook.com/TururuVigo/

Tururú :o)

martes, 3 de mayo de 2016

#57 Objetivos de la Asamblea

Por darle un contenido más práctico a mi blog, escribo hoy sobre los objetivos que tiene una asamblea, y cómo llevar esos objetivos a cabo. Parte de la información está sacada del libro
"ASAMBLEAS Y REUNIONES METODOLÓGICAS DE AUTOORGANIZACIÓN", de MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ LÓPEZ y de ANA ROSA LORENZO VILA, que lo podéis encontrar aquí:

https://www.traficantes.net/libros/asambleas-y-reuniones

Portada del libro citado
¡Y vamos al grano!
Son tres los OBJETIVOS básicos de una ASAMBLEA:
+ eficacia
++ participación
+++ buen ambiente entre las participantes

Estos tres objetivos generales, están tan inter·relacionados, que si falla uno, falla el resto. Son aspectos transversales no sólo a la duración de la asamblea, si no que también deben tenerse en cuenta al salir de ella.

Desgranando cada uno de los puntos...

+EFICACIA: queremos resolver cuestiones, solucionar problemas, contestar preguntas, nadie va a una asamblea a perder el tiempo. Para ser eficaces, hace falta visibilizar los OBJETIVOS que tenemos como grupo, y su división en los grupos de trabajo.
Es importante la concrección, y la puesta en acción: dar pequeños pasos da apoyo moral al grupo, y nos enseña a caminar.

++ PARTICIPACIÓN: a todas nos gusta sentirnos escuchadas y comprendidas. Todas tenemos algo que aportar al grupo, y el grupo se enriquece con las pequeñas aportaciones personales. Cada persona tiene un tiempo, del cual no conviene ni abusar ni pasar por alto. Muchos pequeños gestos, se convierten en un gran acto. No debemos dejar a nadie de lado.
Es también importante en este punto, el APRENDIZAJE COMUNICATIVO que se da, tanto individualmente como en el grupo: aunque al principio sea un desastre, con el paso del tiempo, como todo, se mejora. Es importante que cada una de nosotras dea un buen ejemplo.
Otro apunte: ¿qué papel tienen las nuevas personas que se incorporan? ¿qué trabajos/tareas pueden o quieren realizar?

+++ BUEN AMBIENTE: lo que marca y hace realmente un grupo, son las RELACIONES HUMANAS, que en el se dan. Es importante marcar los límites que se puedan tener, y cumplirlos, para tener un ambiente seguro tanto psicológico como emocional.
El RESPETO debe ser mutuo. El respeto empieza por la tolerancia y la comunicación no·violenta. El trabajo en grupo aporta CONFIANZA, tanto en el grupo como en una misma, creando así un buen clima de cordialidad, fraternidad y cooperación... un clima de buen rollito tan necesario para como está el mundillo!

Y así, con buenas intenciones, creamos un grupo funcional y organizado, que pueda sumar gente y meterse con cada vez más tareas, siendo al mismo tiempo más eficaz.

Seguiremos hablando de #ASAMBLEAS... practiquemos la organización y tengamos la fiesta en paz!

viernes, 22 de abril de 2016

#56 Unidade, diversidade, uniformidade, unicidade.

Para non confundirnos máis... deixemos atrás iso da #NovaPolítica e fagamos unha #BoaPolítica de verdade!
xa non chega con falar: é o momento de facer o que se di, e dicir e o que se fai.
O que queremos: #UNIÓN e #CAMBIO

Cando falamos da unión das persoas dun grupo, falamos de UNIDADE. Nos unimos cunha boa intención, e para que esta unión sexa duradeira, confiamos en nós, no grupo, e nos termos da unión.

A unión fáise forte grazas a súa DIVERSIDADE, que nos permite estar en moitos sitios diferentes, promovendo unión entre as persoas, fortalecendo o grupo. Con boa vontade, nos adaptamos, nos integramos no grupo, e permitimos a outras que tamén o fagan. As diferenzas permiten sumar e chegar máis lonxe.

Cada unha de nós, persoas, temos as nosas formas de ser, de pensar, de sentir, de facer; querer unha UNIFORMIDADE de acción ou de pensamento en cousas pequenas sería negativo, pois perderíamos a riqueza das diferencias e dos detalles. O que nos une é algo máis grande, é o desexo de querer camiñar xuntas.

Aceptándonos, tolerándonos, respetándonos a cada unha de nós con cada unha das nosas peculiaridades, dámoslle cor á Vida, facéndonos, cada unha a súa maneira, únicas... iso é a UNICIDADE ¿ou acaso hai alguén igual ca nós?

Disfrutando de nós mesmas, sentíndonos ben tal e como somos, crecemos como persoas, sumamos ao grupo. O que non gusta, quitámoslle peso, quitámoslle importancia, non pensamos nelo. Decímolo a quen corresponde, abrimos o debate, favorecemos o cambio. O que está da nosa man, isto é o máis importante, deixamos de facelo.

O verdadeiro cambio provén de persoas individuais.
O cambio está no que se fai de novo. O cambio está no que se deixa atrás.

Todo é posible, porque todo eres tú.

+Pallaso Tururú :o)
#FilosofíaPolítica  #Somos1

viernes, 15 de abril de 2016

A Revolución da Alegría (Abril'16)

Pensar, sentir e facer a Revolución dáche Alegría... igual que ao mesmo tempo, mostrar Alegría ríndose, é Revolucionario.

Unha mestura de pensamento positivo, (des)control mental ben dirixido, e desenrolo e teoría do sentido do humor son cada vez máis necesarios no día a día. E que mellor que unha sesión práctica de "humor e risas" para así, ir practicando algo máis de todo o que aínda nos falta... e que é tan necesario!

Sábado, 16 de Abril'16, primeira sesión de humor e risas no Ecolectivo, para seguir facendo a Revolución (da alegría):
"porque un pobo que ri é un pobo que ensina os dentes"

Estades todas convidadas, ata o sábado!

Para ter máis información, ou calquera dúbida, consultade no blog de VigoMedita, www.VigoMedita.wordpress.com, ou escribideme a min directamente (pallasoTururu@gmail.com, ou RenaRenato, no fb).

martes, 2 de febrero de 2016

#55 Paz e Non·Violencia

Nesta época que compartimos, neste frenético tempo cambiante onde moitas somos as que apostamos fortemente pola sabiduría e pola felicidade, o coñecemento e a filosofía fánse, necesariamente, imprescindíbles.

Paréceme necesario comezar a diferenciar, ademáis do bo, do malo e do correcto, termos parecidos aínda que ben diferentes. Refírome neste caso á sabia distinción entre a Paz e a Non·violencia:

+ A palabra PAZ afirma, alegre, unha situación ou un sentimento de equilibrio e harmonía, ben sexa esta exteriormente visible ou interiormente sentida.

Paz, que deixa de ser algo aburrido. Paz, necesidade vital da Terra. Paz, como unha ciencia que hai que practicar (a “PazCiencia”). Paz, tan só 3 letras, con moitísima importancia e significado.
A Paz para min é: o pracer, o gozo e a sorte de disfrutar e de participar, de algo grande, sutil, divino... e descoñecido.

+ A Non·violencia, en troques, nega. Deste modo, negando a violencia, sacámoslle peso ao que fai visíble o mal no mundo: a violencia (que soe vir acompañada da ignorancia).

A violencia existe e é de moitos tipos: física, psicolóxica, de xénero, económica. Soe ser ben visible, mais ás veces aparece sutilmente agochada.
A podemos atopar en moitos lugares: na rúa, nos centros de traballo, nos centros de estudo, na casa, e mesmamente, na propia soidade.

Negando a violencia, facéndolle frente, (cousa ben violenta, por certo,) conseguimos facerlle frente á ignorancia que posibilita que exista... acadamos así o desenrolo da nosa propia Paz e xustiza internas.


Paz e Non·violencia, non confundamos os termos. Debes saber...

...que namentres a Paz chegará de por si, como un ben, aos poucos ou de repente, como unha afirmación implacáble, coa práctica continua da “PazCiencia”, a Non·violencia, pola súa negación, xerará certo tipo de mal interior (sentido como mal·estar) que debemos de transformar, dentro de nós mesmas, outra vez en Paz.

Estás preparad* para isto e para moito máis!

E por último un par de consellos:
Non nos cansemos dándoo todo en batallas que nos alteren interiormente. Sepamos retirarnos a tempo... deixando atrás e debilitando o noso ego, pois somos máis ca iso.

Busquemos a Paz no silencio, na súa sabiduría, aprendendo a escoitar moi dentro... aprendendo a transmutar o mal que vemos/sentimos/facemos en amor incondicional.


O segredo para todo o dito: constancia na meditación, na práctica, no estudo e en seguir os propios soños.

Moita sorte nos vosos proxectos, e lémbrate que así como din *s nen*s e Tururú, así dirás tú: 
"Kk, cu, peido e PEACE!". (<-- léase "Pis" ;) )

:o) Tururú

jueves, 21 de enero de 2016

#54 Resumo do Encontro de Mareas da Estrada (16/1/16)

Co pasar dos días, meses, anos, cambian as nosas prioridades, os nosos intereses e as nosas urxencias... como tamén cambiamos nós.
O pasado sábado, día 16 de xaneiro do ano 16, persoas de moitos lugares de toda Galiza xuntámonos na Estrada. Durante unha longa xornada, falamos e debatimos sobre cales son os pasos a dar para acadar o noso obxectivo electoral que se nos presenta este ano: acadar o goberno da Xunta de Galiza.

Moitos pasos pequenos lévanos moi lonxe, diso estamos seguras. Somos moitas as que andivemos xuntas, e moitas as que seguiremos (dentro e fóra das Mareas) a camiñar.
Dende a minha propia perspectiva persoal, expoño os puntos importantes que resaltamos entre todas ao final do día:

- RURAL: hai xente traballando en vilas e aldeas e que precisan apoio.
- PARTICIPACIÓN: queremos que haxa maior participación por parte de todas... cantas máis, mellor!
- FERRAMENTAS de comunicación: ligada ao punto anterior, temos que crear cauces para a participación, e aprender a comunicarnos mellor.
- FEMINIZACIÓN da política: punto resaltado por varias persoas, posto que non só queremos o poder, senón que tamén queremos facer as cousas doutra maneira.
- HORIZONTALIDADE: traballar a unión dende as bases, dende "abaixo". Con dinámicas pro·activas e pro·positivas da que nos sintamos parte.

E por último, os puntos máis candentes, sobre os que cada quen ten a súa opinión, e sobre os que teremos que traballar para avanzar:

- ESTRUCTURA-ORGANIZACIÓN
Algo que cree unha estratexia a nivel nacional. Propúxose unha organización supra·municipal, en comarcas, por cuestións históricas nacionais.
- FOLLA DE RUTA:
Pasos a dar a partir de agora. Tempos precisos. Coordinación de bases, dende as persoas.

OPINIÓN PERSOAL:
Ao meu modo de ver, existen dous aspectos que se teñen que atopar no medio:
a confluencia cidadá das bases (as asembleas das persoas), e a confluencia política das "cúpulas" (os pactos partidistas).

Para que haxa transparencia, é preciso que as persoas nos coñezamos cada vez mellor, que membros dos partidos se identifiquen como tal nas asembleas populares, que pensen os seus requerimentos, que expoñan os seus obxectivos e as súas liñas vermellas.

Un bo trato entre a cidadanía organizada (esperemos tratarnos ben), dará os seus froitos ao longo do tempo. Otorguemos confianza ás persoas ata o punto en que a merecen, e sigamos traballando polo ben de todas, polo ben común... dende a alegría, dende a humildade, e dende a sabeduría de saber que xuntas... podemos... digo...  venceremos! ;)

Ben, pois isto é todo pola minha parte. De seguro que deixei moitas cousas no aire, que non anotei e que son importantes... espero que aproveitedes para o que vos sirva, e o que non, simplemente deixádeo de lado.

Que siga subindo a Marea, con cuidado, que ninguén dos nosos afogue! (nin sexa arrastrado moi lonxe... que o mar é traicioeiro!)

miércoles, 13 de enero de 2016

#53 Espiritualidade = Política (alegría de Vida + democracia de Rúa)

Pasan os anos e seguen acontecendo importantes acontecementos, grazas a unha razón clara: vemos os cambios na sociedade cando cambiamos as nosas formas individuais desentir, actuar e pensar.
E así, atopámonos cun novo ano numérico (#FelizAno16!), cunha nova lexislatura no goberno do estado, e tamén con novas sensacións e ideas que nos chegan e que percibimos.

Cunha visión optimista da Vida, e perante a que está caindo, debémonos de lembrar dun sabio consello: “o mellor aínda está por chegar”, sobretodo se temos en conta o presente, claramente mellorable.
Quédanos moito por ver e que aprender, e isto tan só será posible deixando atrás as culpas e os victimismos e facéndonos co·responsables do que nos acontece. Así pois, querendo dar exemplo, seguirei traballando dende este blogue para promover o traballo en prol do coñecemento, da toma de consciencia e en favor da Paz universal.

A igualdade coa que titulo este artigo: ESPIRITUALIDADE = POLÍTICA, ten que ver cunha visión persoal destes dous ámbitos, aparentemente separados e divididos, pertencentes ambos á natureza humana e que requiren horas de reflexión e estudo. Sen pretender impor ningunha idea, e dende a humildade e a simpleza, expoño pois, a minha reflexión persoal:

    + co termo “espiritualidade”, refírome ao camiño interior, á idea do auto·coñecemento e do crecemento persoal, ao traballo interior de cada individuo ou grupo social, da súa propia auto·Consciencia. Como seres humanos que somos, debemos de ter en conta (e cada vez máis) as emocións/sentimentos, a Natureza, a enerxía, as motivacións e as crenzas, tanto as propias como a das demáis persoas como partes integrantes dunha totalidade. Que Terra non hai máis que unha, e que somos parte desa unidade. Somos 1 e o sabemos, podémolos sentir, dicir e compartir... fagámonos pois, un pouquiño máis sabi*s.

    + co termo “política”, refírome ao camiño exterior, a materialización do feito anterior: o acto de servicio á Terra e ao común de todos os nosos seres durante todos e cada un dos días das nosas vidas. Seguimos en democracia, e como persoas civilizadas, aceptamos os resultados electorais e continuamos traballando, pois vemos moitas cousas a cambiar: seguimos nos centros de traballo, na familia, no supermercado e no mercadillo, e por suposto, na rúa, de onde nunca saímos. Intercambiamos ideas, estilos, maneiras de facer, e seguimos a compartir o que mellor nos parece: esa é a mellor política, os sorrisos do día·a·día... fagámonos pois, cada día máis felices.

E é que algo está cambiando: cada vez somos máis donas das nosas vidas. Deixamos atrás vellos paradigmas, liberamos as nosas mentes e os nosos corpos... o noso espíritu segue intacto!
Algo está cambiando: seguimos traballando, abríndonos camiño nesta selva de tebras,falsidade e burocracia... próxima estación: a nosa FelizCidade, a de tod*s.
Algo está cambiando: cada vez somos máis, e nós, sen dúbidas, seguimos e seguiremos xuntas.
Ata a Victoria, ata o fin, ata na guerra... e por suposto, sempre en Paz.

miércoles, 6 de enero de 2016

#52 A dor e o sufrimento. Dificultades para o cambio.

Buscando a perfección e a impecabilidade, descubro que son un humano, e que coma ti e coma moitas outras, cometo erros, e tamén acertos.
Dos erros, moitos, aprendo; os acertos, agradezoos.

A constatación inequívoca de que tanto o noso corpo, como a nosa mente e as nosas ideas cambian, é difícil de asumir para algunhas persoas coas que convivimos. É un feito: existen persoas ás que lles custa aceptar, comprender e mesmo tolerar as verdades que lle son alleas, aínda que estas sexan comprensibles e certas. E un mecanismo de defensa de quen se sinte atacado.

Ao meu humilde parecer, co cal non pretendo atacar a ninguén, nin tampouco convertir en dogma, é que é preciso aceptar, ou alomenos escoitar certa clase de ideas e conceptos, para poder seguir cunha maior calma, tranquilidade e sabiduría, a vida adiante.

E por deixar o meu ego a un lado, cito a continuación a primeira das catro nobres verdades de un home (Siddharta Gautama) convertido en mestre, ensinadas por primeira vez, unha vez acadada o seu espertar en Buddha:
a dor e o sufrimento existen e forman parte da nosa existencia”

Como seres sensibles e sensitivos que somos, temos a capacidade de sentir, e de feito facémolo, todos os días e a todas horas, minutos e segundos. Sentimos frío e calor, pracer e dor, medo, gusto, paixón, picor. Algunhas sensacións son agradables... outras non. E esa é a ensinanza, esa sensación chamada dor ou sufrimento, como algo compartido por todos os seres.

Observar ese fluxo de sensacións coa unión corpo+mente, e facernos conscientes (en maior ou menor medida) delas, é un delicado e sutil proceso que con práctica pódese perfeccionar. Dito proceso é unha observación que todas podemos levar a cabo, e que serve para o crecemento persoal de cada unha de nós.

Ao longo da Vida experimentaremos dor e pracer, nacemento e morte, saúde i enfermidade, vellez e infancia, como partes dun todo que é a nosa existencia. Algunhas destas partes nos serán gratas, amenas e alégraremonos de coñecelas, outras non tanto. Para unha Vida plena, penso que é inevitable coñecer e recorrer de primeira man todas e cada unha delas.