martes, 8 de diciembre de 2015

#49 o Monólogo do Semáforo (Cultura de Paz)

EVENTO en VIGO: 

MONÓLOGO DO SEMÁFORO (x RenaRenato),

                               Cultura de Paz

“Un pensamento que evoluciona é un pensamento que cambia.”

Nesta época de grandes transformacións e mudanzas, a liberdade e a felicidade seguen sendo as grandes metas cara ás que aspiramos e ás que nos encamiñamos, como seres humanos e como sociedade.

É un feito evidente que hai algo que non funciona na normalidade do mundo; e aínda así, formando
parte dela, non podemos deixar de facer o que estamos facendo... convídote a que te tomes un
tempo, a que te relaxes, aprendas e disfrutes. Escoitar otra opinión, un outro punto de vista sobre a
nosa condición de “humanos” nunca está de máis.

E é que esta charla é tan só parte da laboura que moitas estamos levando a cabo: a transición cara un
mundo mellor.

Se estás cansado do “mesmo de sempre”, e non tes nada mellor que facer.
Se che gusta (re)aprender cousas (vellas e) novas.
Se eres unha persoa curiosamente inqueda... e non excesivamente crítica coas solucións propostas.
Se non tes medo de escoitar verdades que dicen outras persoas.
Se non sabes como tomar parte por un mundo mellor, máis sabes que queres formar parte del.
...
Tanto se tan só queres pasar un bo rato, como se queres seguir crecendo como persoa, isto é para ti!

Humor + Filosofía + Política
=
Pallaso + Pensador + Pirata
O evento:
Será este sábado, día 12 de Dezembro, ás 21h na Cova dos Ratos (rúa Romil 3, Vigo).
Ven e lévate unha chea de impresións e coñecementos, de esperanza e de boas vibracións...
...estades tod*s convidad*s!

(A continuación do monólogo, crearemos un espazo de charla e debate en plena liberdade, onde
cada unha de nós poderá verter as súas dúbidas, preguntas, opinións, críticas e comentarios.)
A entrada a este evento é gratuíta. A saída é “á gorra”: aportas en función do que valores e das túas
posibilidades. (Fagoo desta maneira para que non sexa un impedimento para ninguén.)

Non o dubides: sae de casa e acude de bo ánimo... non te arrepentirás!
Espérovos o sábado,

RenaRenato

pd. Aproveitarei a ocasión para presentar un novo número da (mini)revista matemática “S2R”, de
+pallaso Tururú.

Facilitador:
Eu, RenaRenato (1978, RJ (Brasil)), artista, pallaso+pensador; traballo facendo malabares no
Semáforo por propia vontade dende fai máis de 4 anos. Ademáis do Semáforo, practico o activismo
político, a meditación, a filosofía, as matemáticas e o bo humor.
Estos conceptos son o eixo sobre o que desenrolo o meu pensamento, as miñas ideas e a miña forma
de vida. O meu obxectivo é construir, con positividade e alegría, un mundo mellor non só por
pracer, senón por urxente necesidade de todos os seres e da nosa nai Terra, onde poidamos vivir
felices e en paz. Aporto e fago crecer o meu graniño de area.

No hay comentarios:

Publicar un comentario