sábado, 26 de septiembre de 2015

#45 Nova Política


Sen lugar a ningunha dúbida, o que facemos, pensamos e sentimos (as causas), tenhen efectos en nós mesmas, na xente que nos rodea e no mundo no cal vivimos. Aínda que sexa por unha cuestión de simple egoísmo, non nos gustaría mellorar o lugar onde todas vivimos?

A #NovaPolítica da que falo é tanto unha política persoal de crecemento interior, como unha política de mellorar as institucións xa establecidas. As minhas verbas van dirixidas a todos os seres, coa intención de ampliar a Consciencia do noso facer, pensar e sentir. É posible facelas cousas de outra maneira, e de feito, é algo que xa moitas estamos facendo... e seguiremos.

A continuación exponho 3 campos nos que estamos vivindo, ós que nos estamos adaptando, ou ós que nos temos que adaptar.

+ (IN)FORMACIÓN

Antes: a crenza de que o único que existe é o que sae pola tele ou nos xornais, o seu poder e monopolio, a unidireccionalidade dos medios de comunicación masivos (mass·media), cos seus intereses ocultos e ao servizo de unhas poucas, está a piques de caer.
Deixamos atrás as mentiras...

Agora: con internet como medio difusor da información, ganhamos en cantidade de información, e en rapidez da súa propagación. Eso que antes se agochaba, o misterio, o oculto, o novo mundo, está saíndo a luz pública. Claro que moitxs aínda non o queren ver... seguen querendo a súa cota de poder.

A mellorar: o exceso de información fai que tenhamos que seleccionar que ver e a quen escoitar. É preciso un tempo de reflexión persoal (pode que acompanhado de soidade e silencio, ou de algunha lectura interesante e profunda) para non nos atosigar con ese exceso de información. Atrevámonos a facer o que nos dictamine o noso propio ser! Por suposto, dende o corazón. (CORAXE)

+ (INTER)NACIONALISMO

Antes: primeiro a Igrexa, logo reis e gobernantes do que consideramos o noso país/nación, ao longo da historia, sempre fumos considerados vasalxs. Isto é algo que se mantén no pensamento colectivo. Os bos e os malos se mantenhen no noso pensamento, e en parte, seguimos metidxs nese bipartidismo.
Deixamos atrás as fronteiras da mente...

Agora: coa apertura da mente e dos corazóns das persoas, atopámonos cunha cidadanía alborotada, que fala e repite vellas consignas a prol do que consideran o bo, en contra do malo. Todas queremos e debemos formar parte dos novos procesos, sen esquecernos de que estamos aquí pola mesma causa, o lugar onde vivimos, a Terra.

A mellorar: non sempre é fácil pórse do lado da persoa coa que estamos enfrontadxs ou coa que temos ao lado. A propia falta dun entendimento claro non nos permite avanzar no noso sendeiro persoal e comunitario. A confianza nos demáis demóstrase confiando nas boas ideas e intencións que ten unha mesma. A verdadeira unión de TODXS é un caminho con trabas... que nos servirán para aprender. (CONFIANZA)

+ DEMOCRACIA

Antes: o estar sometidxs polas institucións, polos partidos, polas nosas propias limitacións persoais e desexos, súmase a nosa falta de experiencia en procesos de converxencia cidadá, familiar, humana. Deixamos atrás o medo...

Agora: o cambio de valores está presente nas verbas de todxs; sabemos que é posible construir unha “unidade popular”, dende a base, e ao mesmo tempo sabemos que, de momento, non estaremos todas de acordo as unhas coas outras. Non chega con falar: hai que xuntarse, entenderse e facer en conxunto. Dar a cara e mollarse polo que cada quen cre.

A mellorar: escoitemos novas ideas, e deamos valor ás que máis nos gusten. Transformemos as vellas ideas en cousas boas, positivas e sinceras.
Fagamos as cousas con pequenos cambios, doutra maneira: sen tanto “peros”, preguntemos en vez de negar, afirmemos e melloremos o que aparece e o q xa hai, que é moito. Tenhamos a ousadía de escribir esa parte da historia que falta por escribir (o futuro) con fermosas verbas como Amor e Paz. De todxs e para todxs, incluíndote a ti, por suposto. (VALOR)


CONCLUSIÓNO bo que facemos como conxunto ten un valor engadido pola suma de esforzos. O cambio no noso pequeno "rincón do mundo" será visible e valorado en todo o mundo... acaso podemos facelas cousas doutra maneira que non sexa pensando no ben?

O proceso democrático galego, fagámolo ben ou "non·ben", terá repercusión no goberno de Espanha, ao igual que as pequenas accións individuais que argallamos, son e serán valoradas polo resto do mundo.

Sen máis dilación, despídome agradecendo todas e cada unha das vosas boas intencións, e pedíndovos que sigades, que sigamos... facendo máis e mellor.

Saúdos fraternais,


RenaRenato

No hay comentarios:

Publicar un comentario