miércoles, 9 de septiembre de 2015

#44 CULTURA

O significado da palabra CULTURA, vai máis aló das 7 letras coas que está escrita.

Pode que tan só sexa o cúmio dunha sociedade desenrolada, pode que sexa unha cualidade para a xente que se di culta, pode ser unha continuación de outros conceptos como educación, conhecemento ou arte... pode ser todo aquilo que ti queiras.

Entre todas, cos nosos pequenos xestos, na nosa vida cotiá, facemos a nosa própia Cultura, pondo en práctica os valores polos que nos movemos. Existe unha denominada cultura da Paz, outra chamada cultura que permanece no tempo (permacultura), cultura urbana, agriCultura, cultura televisiva, gastronómica, musical, científica... se ata existe a chamada "industria cultural"!

Como un labrego máis desta industria, ponho as mans no barro, na terra, na masa ou onde se me requira e difundo cousas lindas que se organizan nesta pequena vila, #Vigo, da nosa esfereta Terra.

Setembro'15

+ En primeiro lugar, e aproveitando pra facerme publicidade, infórmovos das aulas de debuxo impartidas por min mesmo, os mércores, na asociación cultural Caleidoskópio. Máis conhecida como "A Cova dos ratos" (https://covadosratos.wordpress.com/), consulta o noso blogue + calendário.

++ en segundo lugar, gústariame nomear ao proxecto permacultural do Ecolectivo, no barrio de Sárdoma, onde tamén colaboro (https://www.facebook.com/ECOLECTIVOVIGO), e onde se organizan todo tipo de actividades, obradoirso e eventos.

+++ e por último, tan só (re)lembrar que a cultura que máis importa é a que ti vivas... así que mans á obra!, a por algo do que máis che guste, e que o disfrutes.
recomendación: podes probar con botarlle un ollo, ou os dous, a un bo libro.

Libros libertadores, pra traernos cultura, pra facernos felices!
E que o pasedes en grande, con cousas pequenas.

RenaRenato   :o)

pd. Pido disculpas por manter durante tanto tempo sen movemento o meu blogue, por estar tanto tempo calado. Pode que non houbera nada que comunicar. Pode que as mensaxes máis importantes escoitense no silencio... todo está ben. Volvimos, eu + Tururú, con moita máis forza, enerxía e confianza no mundo enteiro!
Om

No hay comentarios:

Publicar un comentario