martes, 10 de marzo de 2015

#39 Bendito Semáforo!

Pode que non che gustase parar diante dos semáforos... ata agora.

Un novo Deus-máquina, o Semáforo.
Unha nova Idea, un novo Pensamento:
"parámonos diante dos Semáforos porque somos bos e boas, fieis e obedientes."


(Por que non te alegras de pararte un momento no medio do tráfico?
Se non te gusta, pois entón "fódeste"... pero ben que te paras... que che gusta! Sabémolo. ;o) )

Así que, coma sempre, ti decides, eu o tenho máis que claro:
tanto os coches, como as motos, como @s peóns/peonas, páranse diante da luz vermella, porque lles gusta, lles mola, lles encanta!


Algunhas e algúns ata están namorad@s del, do Semáforo.
Outr@s adórano e alabano, como se fose un Deus...
@s máis mundan@s, aproveitan para mirar o móbil, estirarse un pouco, darse un bico ou sacarse un moco.

E que pasaría se aproveitásemos eses segundos de semáforo para respirar, cantar, meditar e/ou mandarnos mensaxes de Amor?

Cambiará, tarde ou cedo, inevitablemente, noso mundo seguirá a cambiar. 
OM

pd. Grazas Semáforos de todo o mundo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario