EcoKarma + Matemáticas Recreativas
(Teoría e práctica)
“Pensar sen estudar é o
mesmo que estudar sen pensar. Non serve para nada.”
Existen infinitas posibilidades na
Vida. A cada paso que damos ábrensenos portas, outras que se nos
pechan... o mesmo pasa con as xanelas. Descubrimos novos mundos cando
estas se nos abren e maravillámonos cando estamos preparados para ver
que outro mundo non é tan só posible, senón tamén necesario e imprescindible.
Vexo como hai orde dentro do kaos, e
tamén sei que non hai un día nen tempo perdido: cada cousa chega ao
seu debido tempo. Só temos que confiar nos demáis e en nós mesm*s:
axudarnos, facernos o camiño máis fácil, e seguir cambiando,
aprendendo e practicando o noso ben, para o noso ben individual e para o ben común.
Simplificando, que hai que facer? (sinxelo entender, díficil facer)
En primeiro lugar, deixar atrás o que
non nos gusta.
E ao mesmo tempo, retomar os nosos
soños, soños comúns tantas veces soñados e que aos poucos,
transfórmanse en realidade.
Se queres máis, eiquí está a minha proposta/reto (difícil entender, fácil facer)
aprender e compartir o aprendido. Aprender a compartir a alegría e
as ganas de vivir en harmonía. Con xogos, músicas, números e
risas, por un momento todo se transforma... e é que hai cousas que
nunca se esquecen, que sempre permanecen... está sempre en todo o
que existe. Saca o mellor que levas dentro!
Que é "Eco·KARMA"? (teoría)
EcoKarma é un monólogo sobre o Humor
e a Vida, con base matemática.
Dende o Zero ata o Infinito hai moito
que contar, así que comezaremos polo principio: UNIDADE, DUALIDADE,
TRINIDADE... e dende aquí, cara onde nos leve o destino.
Un monólogo compartido, que de seguro
se convertirá en diálogo, no que cada quen é libre de opinar e tan
só colle o que mellor lle sirve.
Que son as "Matemáticas Recreativas"? (práctica)
Nada novo que facer? U-la curiosidade e
as ganas de xogar e aprender? Quen dixo que as matemáticas fosen
aburridas? Canto mal nos fixo o noso sistema educativo!
Retomamos a ilusión, pasámolo ben, e
descubrimos entre tod*s o que cada un(ha) ten de mellor.
Cada día é diferente, e cada día
será unha nova experiencia.
Estamos comezando... non te perdas esta
única experiencia. Xunt*s iremos crecendo e facendo real o mundo que queremos.
Estás convidad*, serás máis que
benvid*... e que reine a alegría!!!
RenaRenato (+pallaso Tururú) :o)
No hay comentarios:
Publicar un comentario