viernes, 24 de octubre de 2014

#33 Conhecemento, discernimento, entendemento, comprensión, SABIDURÍA.

Formamos un novo mundo e unha nova sociedade con ilusión... e FORMACIÓN.

As palabras só tenhen o significado que ti, eu e @s demáis lles damos. Dependen de quen as diga, do contexto, da situación e da forma de ser de cada persoa.
Está ben saber que o último filtro pómosllo nós, e así (ás veces pasa que ) só oímos a parte que nos interesa.

Abrindo a mente pouco a pouco, para que non se nos rompa. Desta maneira (re)descubrimos novos conceptos, novas palabras, e conseguimos separalos... para non confundirnos! (nin a nós, nin a outr@s)
Non debemos falar do que desconhecemos, nin pensar que xa somos sabi@s por ter unha serie de datos e/ou conhecementos...e aínda así falar, contar, equivocarnos e rectificar. Vai por niveis, non podemos facer máis dunha cousa á vez.

O caminho da SABIDURÍA:
Para ascender a un cúmio máis alto, primeiro debemos baixar do cúmio no que xa estamos, e logo voltar a subir (aos poucos, sen présa e tamén sen calma).

+Unha vez obtemos o CONHECEMENTO, mediante estudio, relacións, experiencia, ...
+usamos o noso propio DISCERNIMENTO, e decidir por nós mesm@s que é o correcto...
+algúns detalles que ao principio pode que non vexamos, vanse aclarando co ENTENDEMENTO...
+máis tarde chegamos á COMPRENSIÓN dunha situación, xeral ou concreta...
...
+e por último a SABIDURÍA, descubrir o verdadeiro SABOR da Vida... e transmitilo, isto é tan só parte do noso SABER.

E é que se a teoría di que o que importa é a PRÁCTICA, quen dirá que está equivocado?
Sede felices, confiade, seguide os vosos sonhos e destinos, e tamén importante, enfrentádevos aos vosos medos, con amor, certeza e coraxe.

O cambio é a mellor. Saúde!

RenaRenato
#PensamentoPorNiveis



pd. Grazas por ler e chegar ata eiquí! :) Cada quen aporta o seu graninho de area... e tamén hai quen nos aporta a montóns: estou falando da RSP (Rede de Solidariedade Popular), que están acampad@s ao pé da cruz do Castro (Vigo), pedindo cambios para tod@s e non só para unhas cantas.
Hai cousas que tenhen que cambiar... e outras simplemente desaparecer.

Pd2. o enlace a RSP·Vigo: http://www.reddesolidaridadpopular.org/red/vigo

martes, 7 de octubre de 2014

#32 Grazas, Vigho!

"un pobo que ri é un pobo que ensina os dentes"
Chacovachi

Grazas a vós seguimos adiante, (RenaRenato +  PallasoTururú)

Tres anos enteiros, mes a mes, 36 meses sen faltar, de estar diante de moita xente montada en coches, de traballar iluminado pola luz dun Semáforo. Grazas.
Horas e máis horas de compartir tempo, confianza, alegría, ilusión e unha pouca de maxia para tan só un instante; cando o Semáforo cambia de cor, a verde, a Vida segue e o espéctaculo termina. Volto a dar as grazas.

Xente que marcha e outra xente que ven, sigo, observo e descubro grandes segredos da natureza humana... que sempre hai alguén a nosa beira, sempre alguén do noso lado, aínda que sexa no coche do lado, xente que poida que non conhezas (aínda) de nada. Grazas.
De cada unha de vós quero un sorriso. Quero crear un momento máxico, vívido e intenso; en tan só un minuto... é normal que queiramos algo máis de tempo! Falo de aprender e de divertir, de pensar e actuar mellor para crecer, de estar felices e contentos con aquilo que xa temos. Outra vez, grazas!

No meu caminhar aprendo: (cavilacións)
· Que pase o que pase, se sigo en pé, sigo sendo eu. Cunha axuda ou sen ela, tenho todo o que debo ter, espero e non me desespero. Practico a paciencia, e observo a beleza.

· Que cando non é 1 de cada 10 persoas as que colaboran cunha moeda, é 1 de cada 100.
Se non hai entre 100 persoas, tan só 1 que me axude, sen dúbida algunha, serán máis de 1 entre 1000 as que me axuden a continuar: unha moeda, unha palabra, un sorriso e un xesto de gratitude mutua que nos fai mellorar como persoas e como humanidade.

· Que a nosa realidade está da nosa man cambiala, e nos nosos ollos o poder de mirala (cada día) de unha outra maneira. A alegría se contaxia, así que vivamos con alegría duradeira!

Tendeo claro: Vigho, Ghaliza, e ti tamén: somos un pobo de artistas e @s artistas precisamos crear. O noso deber é mellorar o que xa hai. Axudar. Toca falar de beleza, harmonía e paz. Xunt@s facemos a nova humanidade.
Eiquí estamos dispost@s ao cambio social! Con alegría, enerxía e ilusión, coraxe, simpatía e corazón...
Tan só me queda voltar a darvos as grazas a tod@s, e +
unhas Apertas Agarimosas da fermosas Deusa do Amor!

+Pallaso Tururú :o)

pd. A liberdade é unha cuestión individual. Fas o que che gusta, sabes o teu deber. As veces é complicado, ás veces é un prazer.