viernes, 12 de septiembre de 2014

#31 Consideracións para disfrutar de asembleas e reunións varias.

O cambio existe, e de feito, é o único que permanece. Dende o 15M ata hoxe moitos foron os feitos que se sucederon, tanto para ben como para o non-ben.
Mirando cara adiante, o que importa é que seguimos en pé, caminhando a bo ritmo.

Aprendimos, seguimos aprendendo e máis que aprenderemos. Cada vez somos máis @s que queremos "algo" novo; poder vivir en paz sen exércitos, sen armas, sen fronteiras e, claro está, con amor e respeto.

Entre o poder e o ganhar, fai falla o querer.
Querer aprender é como amar o saber. Fagámolo sen parar.
Traballar, estudar, disfrutar, vivir e xogar. É todo o mesmo.
Chegou o momento de avanzar.

Deixando atrás a cobiza de grandes e antig@s poderos@s, a nova humanidade da que formamos parte precisa de axuda, de forza e do apoio de cada unha de nós.
En nós mesm@s debemos CONFIAR e en tod@s os que están ao noso arredor.

+++++ As CONSIDERACIÓNS ++++++++
Tanto se algunha vez participastes en ASEMBLEAS como se non, considero importante que saibades:

+ Nas asembleas, é preferible usar a palabra CONVERSAR en vez de "falar". Non se tratan temas a nivel persoal, senón que está implicada a sociedade en xeral.

+ Nas asembleas, ou en calquera grupo, é importante a capacidade de ESCOITA. Só unha persoa fala de cada vez, as demáis escoitan. Atender ao que se di, prestar atención, esperar a que remate sen dicir nen mu.

+ Nas asembleas non fai fallar falar moito. Para que sexan fluídas, debemos RESPECTAR turnos de intervención e escoitar mesmo o silencio que existe entre ditas intervencións.

+ Nas asembleas, debemos concretar, SINTETIZAR, ser breves nas nosas ponencias, e non repetirnos (nin a nós mesm@s, nin a ningun(ha) de nos@s companheir@s.

+ Nas asembleas, cando alguén propón a favor do BEN·COMÚN, apoiamos a moción, sen dúbida, buscamos a nosa implicación e/ou tentamos mellorala. Pensamos no máis grande, actuamos no máis pequeno.

+ Nas asembleas numerosas, é preferibel facer PEQUENOS GRUPOS onde así a xente se conheza, intervenha, síntase escoitada e que non está sola.

+ Ás asembleas hai que acudir co traballo PERSOAL ben feitinho, descansados e relaxador, para pasar e facer pasar @ outr@s un rato ameno, divertido e agradábel, da que TOD@S saiamos satisfeit@s.

+ Para finalizar ás asembleas deberiamos darnos entre tod@s un FORTE APLAUSO. Estivemos e continuaremos de celebración.

Seguimos caminhando cara ás municipais do ano que ven.
Podemos, Marea, Ganhemos... unámonos e reconquistemos Vigo para tod@s nós e para a nosa xente.

RenaRenato
un pallaso metido a político,  :o)  arrr!

No hay comentarios:

Publicar un comentario