martes, 14 de enero de 2014

#14 Ano 14, (= 1n4 T'AO)

"Un novo Sol, érguese,
sobre a nova civilización que nace HOXE (agora).
Unha cadea, máis forte, que o odio e que a morte,
sabémolo... o Caminho é o AMOR"

Cando o Sol sae pola manhá, esperto. Logo de espertar, tento lembrar donde acabo de estar, e logo erguerse, saír da cama, desperezarse, estirar e outro día máis, GRAZAS!, outro día para continuar.

Tomando consciencia de onde estou, e de onde estamos como especie, como raza, como HUMANIDADE, como galeg*s que somos tamén... tomade nota: sempre hai motivos polos que cambiar, motivos para seguir e continuar a loitar.

Un dos males que afecta a sociedade é a "ignorancia", a cal se reflexa no desconhecemento, na negación e na continúa présa diaria...

(...tómate o teu tempo... non hai présa cando falamos de temas divinos...)

Durante moito tempo non quixen crer en que había algo máis dentro de min, que me mantinha con Vida e que era iso o que realmente me movía... o meu espíritu, o meu interno guía.

Se aínda confundimos relixión con cristianismo, igrexa con deus... así é como o lín algunha vez, e así é como se pode entender... só un término, que os outros aínda me superan:

   RELIXIÓN: diálogo entre persoas

a minha relixión, a do AMOR.

bicos, caricias e agarimos para tú... 
Tururú!

pd. Matemáticamente, podería dicerse que a dualidade contradictoria, o 2, vese superada pola trinidade, o 3. Simples matemáticas: 2+1=3
pd2. proximamente, sempre máis!! Logo da trinidade... a "cuatrinidade" ;)






No hay comentarios:

Publicar un comentario