miércoles, 29 de enero de 2014

#16 Comunicado ano 14

----------------------  GALEGO ------------------
Ola amig@s,

presentome ante vostedes como RenaRenato, o creador do pallaso Tururú.

Aproveito o blog do meu amigo :) e estas linhas para anunciarvos oficialmente a minha decisión de tomar parte nas listas da Confederación Pirata de cara ás próximas eleccións europeas, a celebrar o día 25 de Maio do ano 14.

A minha decisión é un acto dirixido a aportar novas observacións e perspectivas de vida para toda a cidadanía europea, na base da alegría, do optimismo, da mutua confianza e do ben común.
Son un político que fala de felicidade, e ofrézome como aprendiz de político "profesional".

Considero que todos os actos cotiáns son tamén política, e moi importantes para o día a día das persoas das nosas cidades e vilas. Co obxectivo de mellorar a nosa saúde global, o parlamento europeo é unha vía de acceso directo á democracia. Con caras novas e novas ideas queremos mellorar. Dende o movemento Pirata nos movemos pensando en ti.

Facendo outra vez os deberes de sentirse ben día a día,
de sorrir e facerlle a vida un pouco máis fácil á túa/teu vecinh@,
de lembrar que para arranxar unha cousa gorda fan falla moitas mans...
así que eu oferezo as minhas para seguir adiante sorrindo, aprendendo,
e entre todas crecer e tirar p'adiante, aproveitando o bo que xa somos, e o ben que xa temos.

Seguro que sabes que cantas máis sexamos, mellor, a que sí?
Pois únete ao cambio, síntete un(ha) pirata... xa!

Grazas a tod@s @s piratas porque sen vós, non habería movemento.

Piratas, arrr!
saúde + saúdos,

R2N1Renato

----------------------  CASTELLANO  ------------------Hola amig@s,

me presento ante ustedes como RenaRenato, el creador del payaso Tururú.

Aprovecho el blog de mi amigo :) y estas líneas para anunciar oficialmente mi decisión de tomar parte en las listas de la Confederación Pirata de cara a las próximas elecciones al parlamento europeo, a celebrar el día 25 de Mayo del año 14.

Mi decisión es un acto dirigido a aportar nuevas observaciones y perspectivas de vida para toda la ciudadanía europea, en base a los valores de la alegría, del optimismo, de la confianza mutua y del bien común.
Me ofrezco coomo aprendiz de político "profesional". Soy un político que habla de felicidad.

Considero que los actos cotidianos son también política, y muy importantes para el día a día de las personas de nuestras ciudades y villas. Con el objetivo de mejorar nuestra salud global, el parlamento europeo es una vía de acceso a la democracia. Con caras nuevas y nuevas ideas queremos mejorar. Desde el movimiento Pirata  nos movemos pensando en ti.

Haciendo una vez más los deberes de sentirse bien día a día,
de sonreír y hacerle la vida un poco más fácil a tú vecin@ ,
de acordarnos de que para arreglar una cosa grande hacen falta muchas manos...
así que yo ofrezco las mías para seguir adelante, sonriendo, aprendiendo,
y entre tod@s crecer e tirar p'alante, aprovechando el bien que ya somos, y lo bueno que tenemos.

Seguro que ya sabes que cuantas más seamos, mejor, a que si?
Pues únete al cambio, sientete un(a) pirata... ya!

Gracias a tod@s l@s piratas, porque sin vosotr@s, no habría movimiento.

Piratas, arrr!
salud + saludos,

R2N1Renato

viernes, 17 de enero de 2014

#15 Compartindo CONCIENCIA (x3)

CONCIENCIA, (lat. conscientia): "conhecemento compartido".

Sabemos facelo e así o facemos: a nosa maneira, compartindo o conhecemento para un incremento do nivel de conciencia, tanto individual como colectiva.

O dous, a dualidade, está escrito nos nosos corpos, divididos en dúas metades: esquerda e dereita; parte de arriba e parte de abaixo. E máis: de onde vimos e cara onde imos; inicio e final.



O tres (3) podémolo ver como o que hai no medio entre dous (2)... ou como o que ven despois del.
O tres precisa do teu pensamento para crecer: non é nin malo nin bo, é o que é, un número do que aprender e co que xogar. O que ti queiras que sexa, só iso será.

Un exemplo que me gusta usar para saír da dualidade é ver a cultura OCCIDENTAL e a cultura ORIENTAL como parte dun todo maior.
Son dúas culturas diferentes que non son o mesmo, non son iguais, e ningunha pódese considerar mellor que a outra.
Buscando o punto medio entre as dúas culturas, algo máis elevado, atopei a NATUREZA, quen naturalmente, é a cultura máis natural.

Ti, por ser humano, estás no medio das tres, e non tes porque escoller entre elas. Podes e debes aprender e quedarte con as tres:

o espíritu de occidente, unido ao material,
as ensinanzas de oriente, orientando ao espíritu no que non se pode tocar,
e o silencio aparente da Natureza, en continuo crecemento, sen parar nunca, só creando Vida e máis Vida; sen pensar e así vencendo ao mal; crecendo e expandindo parte da súa existencia con todas nós...

E sempre estás ti, ti que es a parte máis grande, a que está no medio desas outras tres, ti, o centro.
Sen dúbida ningunha, ti es o que máis importa.

Seguimos crecendo en familia, grazas por estar ai e por lerme, apertas mil,

       RenaRenato + Tururú :o)

pd. Por último un apunte matemático:

Matemáticamente, na xeometría, dicimos que:
3 puntos non-alineados crean un plano.
Se están alineados, crean unha linha.
Se os 3 puntos están na mesma posición, no mesmo sitio, crean entre os 3 un único punto.

Punto, linha, plano... en breves, damos volume tamén, porque logo do 3, ven o 4... existe a "cuatrinidade"?

martes, 14 de enero de 2014

#14 Ano 14, (= 1n4 T'AO)

"Un novo Sol, érguese,
sobre a nova civilización que nace HOXE (agora).
Unha cadea, máis forte, que o odio e que a morte,
sabémolo... o Caminho é o AMOR"

Cando o Sol sae pola manhá, esperto. Logo de espertar, tento lembrar donde acabo de estar, e logo erguerse, saír da cama, desperezarse, estirar e outro día máis, GRAZAS!, outro día para continuar.

Tomando consciencia de onde estou, e de onde estamos como especie, como raza, como HUMANIDADE, como galeg*s que somos tamén... tomade nota: sempre hai motivos polos que cambiar, motivos para seguir e continuar a loitar.

Un dos males que afecta a sociedade é a "ignorancia", a cal se reflexa no desconhecemento, na negación e na continúa présa diaria...

(...tómate o teu tempo... non hai présa cando falamos de temas divinos...)

Durante moito tempo non quixen crer en que había algo máis dentro de min, que me mantinha con Vida e que era iso o que realmente me movía... o meu espíritu, o meu interno guía.

Se aínda confundimos relixión con cristianismo, igrexa con deus... así é como o lín algunha vez, e así é como se pode entender... só un término, que os outros aínda me superan:

   RELIXIÓN: diálogo entre persoas

a minha relixión, a do AMOR.

bicos, caricias e agarimos para tú... 
Tururú!

pd. Matemáticamente, podería dicerse que a dualidade contradictoria, o 2, vese superada pola trinidade, o 3. Simples matemáticas: 2+1=3
pd2. proximamente, sempre máis!! Logo da trinidade... a "cuatrinidade" ;)