viernes, 4 de octubre de 2013

#7 O gozo de aprender


"Aínda non estou seguro sobre iso de que:
`só sei que non sei nada` "
Tururú.

Decía Epicuro de Samos que hai na vida dous grandes praceres, a amizade e o conhecemento; o primeiro deses praceres, a AMIZADE, considerabaa inmortal; namentres que o outro, o CONHECEMENTO (pobres de nós, que tanto queremos saber), situábao como un ben mortal, que se vai con nós.

Ámbolos dous praceres son precisos e preciosos, e dos dous aprenderemos, con grande gozo, cando sabemos o que facemos, e disfrutamos do momento... a quen non lle gusta unha operación ben realizada? Ou a sensación dunha nova idea captada? E as risas que podemos botar cuns amigxs?
Acaso neses (e neste) momento inmediato... non estás/estarás aprendendo algo?

Aprender é vivir, vivir é aprender. 
Para comprender mellor o mundo, e a nosa propia mente, usamos as matemáticas como un medio para entendernos, para pornos de acordo, na verdade ou mentira dunha afirmación ou sentencia.

A linguaxe que usa a matemática é unha linguaxe humana e global, lévase usando séculos, e non se estanca, que avanza, ata chegar a onde agora estamos... e é moito moito máis do que estudamos no cole. É todo aquilo que poidas imaxinar.

E outra linguaxe global, case diría Universal, é a linguaxe dun sorriso dado e ben recibido. Nin fai falla traducilo.

Sede felices por moitos tempos ;)Tururú

pd. Contastes algunha vez cantas letras ten unha palabra?
Aqui ponhovos un par: Paz (3), e Tranquilidade (13).
Se queredes continuar, por que non contar as letras da palabra Felicidade?
E por se alguén sabe... algunha outra palabra de 13 letras?


No hay comentarios:

Publicar un comentario