lunes, 19 de agosto de 2013

Buscando a ESENCIA dos números

"Día 19, un 1 e un 9 xunt*s,
principio e final dunha volta,
antes de estar no 20."
Tururú


Conhecemos os números, sabemos o que son... son todos iguais para ti?
e para nós... podemolos pensar/sentir igual?
Temos moitos números que nos marcan, dende a nosa data de nacemento, ata o número de calzado, a nosa idade, ou o número do portal de casa, o número co que estamos fichados, o prezo dunha compra abultada...

Para escribir os números no sistema numérico decimal usamos dez díxitos: 0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9. Desta maneira, pondo cifras, unhas ao lado de outras, obtemos números maiores.

Por exemplo:
- se colocamos un UN (1), un DOUS (2) e un TRES (3) seguidos, temos o 123, que se le "cento vinte tres".
- se pomos un CATRO (4) e un (9), teremos o 49, o "corenta e nove".

Desta maneira podemos crear números moi grandes, cada vez maiores. Mais se o que buscamos é a ESENCIA de cada número...
...poden ter algún(s) números algún significado especial?

Metémonos nun campo complicado de ver e de mostrar; ademáis, cada quen ten a súa opinión, e cada número, cifra, díxito ou algarismo, pode significar cousas ben diferentes, dependendo de quen o mire, da situación na que se encontre, e dos pensamentos que tenha.

O XOGO DA REDUCCIÓN:

Todo número de máis de un díxito, pódese "reducir" a unha única cifra, que será un número entre o 1 e o 9.
Isto podemos velo como un XOGO... mais antes, vexamos como facer esa reducción:

(- se o número só ten un díxito, só temos que ver para el. A esencia do número é o mesmo número.)
- se ten máis dun díxito, teremos que reducilo, sumando os seus díxitos;
- voltamos a repetir a operación ata que o resultado sexa dun díxito só.

Cos números creados antes, veremos como facelo:
* 123  --> (sumamos os 3 díxitos) 1+2+3 = 6 ; isto significa que o 6 é a esencia do número 123.
* 49  -->  (sumamos os 2 díxitos) 4 + 9 = 13 --->
---->(volvemos a sumar os 2 díxitos) --> 1 + 3 = 4 ;
e rematamos decindo que o 4 é a "esencia" do número 49 (e tamén do número 13).

Para continuar a xogar, terás que descubrir o teu número que está relacionado coa túa data de nacemento... en que "número" naciches?

Para resolver esta intriga, suma os díxitos do (día+mes+ano) no que naciches, fai a reducción, e con calma o terás...paciencia, fai falla tempo para investigar algo máis.

A REDUCCIÓN é unha cifra entre o 1 e o 9... cada unha co seu significado... que significan para ti?
Algo que se poida ver en especial? Algún descubrimento, algunha achega, algo no que poidamos estar de acordo unha meirande parte dos mortais?

Para comezar polos primeiros números, darei unhas pistas do que podo afirmar que sei:

O 1, UN/ UNHA, é o único número singular, representa a UNIDADE... unidade do propio ser? ou da túa familia? da cidade? do mundo? ou do universo?

O 2, DÚAS/ DOUS, é un par, representa a DUALIDADE... de iguais e/ou de opostos?

O 3, TRES, como un triángulo podelo ver... e que máis?

O 4, 5, ... ata o 9, deixámolos para máis adiante, non imos a ver todo de golpe e sopetón...non queremos ter unha indixestión de números, ideas e pensamentos!

Quedan como unha intriga, un misterio, para vós pensar, analizar, contar, medir, pesar, meditar, cantar, bailar ou o que queirades facer con eles.

E é que non sei quen dicía iso de que "todo pensamento é bo"... pois pensade tamén n*s demáis, e no mundo universal!!

Saúde, paz, amor e harmonía (q rima con alegría)

:o) pallaso Tururú, (tan ["o que queiras"] coma tú!)

Nota: Estas cuestións pódense investigar, hai moito escrito, se buscades NUMEROLOXÍA en internet, mais o que importa é o que penses TI, de cada número... le opinións, infórmate e párate a pensar nos números de cada día, xa verás como todo cambia... ti tamén podes e sabes, ti tamén es numerólog*!