miércoles, 31 de julio de 2013

Números, Matemáticas e Vida


"Día 31, o 13 ao revés... feliz 4!!"
Tururú

Eu son Tururú, pallaso matemático, habitando o corpo de RenaRenato.

Gústame pensar, gústame a VIDA, 
gústame a natureza e tenho gusto pola SABIDURÍA tamén.
Procuro vivir a vida feliz e con ALEGRÍA, 
aquí, agora, e en calquera momento do día.

Se me queres acompanhar, gustaríame presentarte o meu MUNDO, cheo de números, debuxos, matemáticas e ilusión...
...arrechégate un pouco e faino teu: toma o meu mundo, o noso mundo, é TEU tamén.

Para comezar a conhecernos mellor, vou comezar coa definición dunha palabra, importante para comezar a saber:
MATEMÁTICAS = procede do grego ´mathematikós´, que significa "@ que aprende". Á súa vez, ´mathematikòs´ deriva de ´máthema´, que significa "conhecemento, estudo, aprendizaxe".

Un matemático é polo tanto unha persoa que aprende, unha persoa aprendiz. E no caso de Tururú, él quere ser un APRENDIZ FELIZ.

APRENDER é un proceso que non debemos parar ao longo de toda a nosa vida. Estamos continuamente aprendendo, de diversas maneiras: pola experiencia, pola razón e por testimonios doutras persoas.

Tomando CONSCIENCIA do aprendido, levamolo á práctica, sen dúbida, unha parte ben complicada... aplicar os conhecemento á vida real! Un intrigante desafío que nos fará disfrutar de novas experiencias... ou acaso non disfrutamos cando logramos COMPRENDER/ENTENDER/SABER algo novo?

Podemos facelo: aplicar na práctica o que xa sabemos, e seguir a aprender, para construir entre todas un mundo mellor. Só tes que dar un paso... e outro, e outro, e así, continuar a crecer na vida, continuar a aprender, a des-aprender, a cambiar, a mellorar para ser.


Case rematando, unha breve contestación aos interrogantes da anterior entrada deste blog, sobor dos NÚMEROS
(que son os números? como os podemos representar?
que podemos aprender deles? como se relacionan?):

- os NÚMEROS son unha parte das matemáticas. Son ABSTRACCIÓNS humanas para contar, medir, pesar e/ou ordenar.
- os números EXISTEN dende milleiros de anos. Son as pezas básicas da linguaxe matemática. Son unha creación que ven da humanidade pasada, que permanece en nós e que continúa a evolucionar e a crecer.
- a REPRESENTACIÓN máis habitual desta abstracción, é cos números indo-arábigos, as cifras do 0 ao 9, son os máis prácticos de usar, por iso da notación posicional, máis existen outras notacións, como os números romanos ou os números maias, entre moitas outras.
- o que podemos APRENDER dos números... isto é cousa de cada unha! (os números só se ensinan a si mesmos, somos nós as que aprendemos).
- os números son todos DIFERENTES entre eles, máis tamén son todos IGUAIS... só os podemos RELACIONAR/comparar se temos algún criterio de comparación, mais se esta non existe, podemos definir a relación entre eles, como unha relación NEUTRA; os números non se aman, nin se pegan, nin se namoran, nin se pelexan.

Xa no final desta entrada, e antes da saída, unha pequena puntualización, para sentar a base do meu pensamento:

a ALEGRÍA é divertida e positiva.
a tristeza é a ausencia de alegría... mais se existe só como ausencia, non é como se non existise?

Entón só tes que repetir para ti esta frase: "ALEGRÍA, noite e día!" e así comezar a vivir, un pouco máis feliz.

O dito, alegría, que é de VIDA, e continúa a sorrir!
Tururú  :o)