sábado, 19 de agosto de 2017

#63 Semaforismo

Que tal levas o do cambio de Consciencia?
Escoitáches falar algunha vez do #SEMAFORISMO?!?

Unha idea revolucionaria, amorosa, divertida, feita para todas e todos, e coa que se quere impulsar a seguir transformando aos seres humanos que vivimos na Terra.

Sabemos que o máis difícil é cambiar a mente, e tomar outros hábitos que non sexan "os de sempre"... e para iso estamos aquí; para facerte feliz.

Verás, é importante que analicemos e repensemos as nosas vidas e os nosos costumes. Unha pregunta inicial sería: "por que te paras diante do Semáforo?"
Vale, porque está en "rogho", resposta fácil de máis; se pensas un pouco máis... a algunha conclusión chegarás!


#SemáforoEnRogho  #LuzSuperior  #GraciaDivina  #BrillandoParaTi

lunes, 26 de junio de 2017

#62 Mirar ao Céo

As nubes non son o Céo, os pensamentos non son a Mente; a espaciosidade que temos por enriba de nós, é a mesma que existe dentro do noso Ser interior.

A posibilidade de cambiar está latente... cánto máis tardaremos en percatarnos do belo e verdadeiro?

Queres saber máis? Ver as imaxes tan pronto como saen? Sígueme en  www.facebook.com/pirataTururu/, estarei encantado de terte cerca e de estar conectad@s

lunes, 2 de enero de 2017

#61 Humor transparente, humor sanador

#Imaxina a todo o mundo... vivindo a vida en paz.

Cando nalgún lugar do mundo se pide "a imaxinación ao poder", estamos tamén pedindo, ou así deberíamos facer, máis poder á nosa propia imaxinación, que si, que se pode ;)
A pesar de ser algo que non ten límites (a propia Imaxinación ideal), a pequena imaxinación de cada unha de nós si, e considero convinte descubrir onde están os nosos propios límites... para así poder superalos!

Cun pequeno esforzo diario, melloraremos algunha das nosas virtudes. Apliquémonos. Con algo de práctica, insistencia e constancia, ninguén sabe onde (por fin) chegaremos!


#Alegría, Humor, FelizCidade

A imaxinación que nos fai rir é unha imaxinación que nos sana.

O mundo que queremos, é un mundo aínda por inventar, e polo tanto, serán precisas moitas novas e boas ideas... provintes de estudios e análises de ideas xa expostas nalgures... (algunhas demasiado sesudas)... falo aquí de humor.

Debido a imposibilidade de explicalo racional e "científicamente", pode que o humor quede relegado a un aspecto secundario das nosas vidas, tanto as persoais como sociais.
Por iso é urxente, que nós, pallasas e pallasos do mundo, e máis as persoas coa capacidade de rirse de nós mesmas, o saquemos a paseo... disfrutando das nosas imaxinativas mentes.

En definitiva, en definición, invento un novo termo:

HUMOR TRANSPARENTE
--> Esa clase de humor, calor, sensación que se sinte por dentro e non se pode explicar. É real, aínda que outras non o entendan.
--> Humor que te fai sentir ben... de verdade!
--> Sentimento ou sensación que, por non malgastalo ou perdelo, tan só se exterioriza cun lixeiro sorriso...
...ai, hihihi, amig@s, si!!! Creo que "humor transparente", é, simplemente, meditar <3.
--> (pon aquí, ou nos comentarios, a túa definición ;) )

AVISO PARA NAVEGANTAS:
--> Haberá alguén que cando che vexa sorrir, vai tentar facerte chorar... inconscientemente, claro! Observa como se moven as emocións no teu interior, recolócaas, e tan só devolve Alegría e Amor! ;)

#HumorSanador
O máis difícil de ver, o que (aínda) non conseguimos ver.
Vive o cambio, dáte de conta, Cambia... sexamos felices ata no Semáforo!

sábado, 3 de diciembre de 2016

#60 O consenso

O obxectivo principal de toda asemblea é o consenso. Antes mesmo que os tres obxectivos específicos ou secundarios (eficacia, participación, bo ambiente (ver entrada #57 “objetivos de la asemblea”, maio’16)), debemos sempre recordar ou ter en mente que é o noso deber pornos de acordo, alomenos nuns mínimos como grupo, para despois continuar o noso traballo individualmente.

Para dito consenso fan falla “persoas de consenso”. Persoas dispostas a ceder parte dos seus propios intereses, persoas que escoiten ao grupo, que opinen escueta e abertamente, con ganas de axudar, aportando tan só o que saben, humildemente... con moito tino, posto que calquera pode estar equivocada, en calquera momento!

O consenso nos fai máis fortes como grupo, a todas nos é grato. Os beneficios de chegar a un consenso unánime repercute, ademáis de nas persoas, tamén nas persoas que as rodean.

Crecemos consensuando, facémonos “maiores”, maduramos e lóxicamente, continuamos. E o que a sociedade nos pide e nos esixe de nós, nós, con todo o noso corazón, vamos e llo damos.

#Formación #Asemblea #Pódese! #Consciencia #Cambio

miércoles, 21 de septiembre de 2016

#59 Ignorancia e sabiduría

Coñecete a ti mesma.

É ben sabido que unha persoa sabia fáise cando sabe o que non coñece. Coñecer as propias limitacións é un paso cara a sabiduría. Falemos agora, pois, da IGNORANCIA.
Sabiduría e ignorancia son dúas caras da mesma moeda... e é preciso ter as dúas en conta.

Ignorancia=estupidez=idiotez=imbecilidade (quasi-sinónimos)

Adentrándonos un pouco máis no eido da "ignorancia", é convinte recoñecer dúas das súas posibles vertentes:

- a ignorancia propia e innata de cada ser humano (persoal)
- a ignorancia provinte da tradición e do mundo "real" (social)

As dúas están entrelazadas; ao igual que nas persoas se reflexan as tradicións, a cultura popular está feita por persoas humanas. Ti e máis eu entre elas, somos en parte responsables do que acontece no mundo enteiro, e temos a posibilidade de cambio, sempre e en calqueira momento. O que fagamos inflúe e ten repercusión no mundo enteiro.

Tomemos consciencia de onde estamos e que poder temos, tanto sobre nós mesmas, como sobre os demáis.
Tomemos consciencia da proveniencia dese poder.
Tomémola e soltémola á vez.


Opinión persoal, (póndolle apelidos aos nomes das "cousas"):

Cada catro anos se celebran eleccións, e nesta sociedade na que vivo, detecto unha certa "ignorancia democrática". Ignorancia democrática, por opinar sen saber, falar sen escoitar, ou apegarse a razóns que non levan máis lonxe de onde xa estamos ("son todos iguais", "non serve de nada", etc)

Cun tercio de poboación "abstemia", esas persoas que por diversos motivos non votan, fáisenos máis difícil conquerir o poder que pedimos e reclamamos. Aínda así, seguimos e seguiremos, por diversas razóns:

- Votar para que non gobernen as que mal·usaron o poder (voto de castigo).
- Votar para que goberne unha opción "menos mala" (voto de confianza)
- Votar para cambiar o mundo (voto de ilusión)
Son tan só tres motivos para facelo, mais se me permitides, direivos que hai que ir "máis alá", e que o obxectivo da sociedade, ao meu parecer, é actuar en consecuencia con aquilo no que cres.

Non votamos a ladróns, e polo tanto, tampouco roubamos.

Saimos a votar, día si e día tamén, sorrindo e dando as grazas por ter o que temos. Apoiando a quen se esforza, da maneira que mellor poidamos.

Unha oportunidade histórica temos neste momento, que como os anos bisestos, tan só se repite de 4 en 4 anos.
Sae a votar, e asegúrate, intenta, motiva, para que todas as persoas afíns as túas ideas tamén o fagan! ;o)

#SiSePuede #Pódese #SomosMarea

pd. Prefiro e promovo a fórmula persoal #SomosMarea en vez da fórmula impersoal #HaiMarea pola súa "inclusividade". Somos nós as encargadas de transformar a realidade. Non existe unha "Marea" sen nós.
pd2. Sorte e ánimos neste laborioso e longo traballo.

sábado, 6 de agosto de 2016

#58 O valor da humildade

O valor da humildade

aprendendo a recorrer novos camiños, cos mesmos valores, con outros puntos de vista


Ante o situación entre Marea e Podemos, e as súas bases (que somos todas), sobre o entendemento do significado da palabra “alianza”, e deixando ao marxe os posibles pactos (ou non) de última hora para consensuar unha lista única, gustaríame falar do “valor da humildade”, tanto de persoas como de partidos..


Da filosofía oriental aprendín que tanto un soberano (alguén con poder), como os seus servintes (as persoas ao seu cargo) deben de exercer a humildade con distintas perspectivas:
--> quen ten o poder, é humilde e así obtén o servicio dos seus servintes.
--> quen “está ao cargo”, os servintes, son humildes posto que así obteñen a seguridade que o soberano lles presta.

Son moitas as preguntas que cada quen ten que solucionar pola súa conta, sen perder de vista que a humildade, máis que unha idea teórica, é un valor a por en práctica.

Quen ten poder e quen é servinte?
Sobre quen temos poder e a quen servimos?
Ata onde estamos dispostas a chegar... en troques de obter poder, ou de prestar servicio... 
...xogamos a ver quen é máis humilde?


Pediría iso si, respeto, algo de silencio e tamén un pacto de cortesía ante as decisións individuais e grupais as que chegaremos en tan só uns días. Amabilidade, humildade e modestia tanto nos bos momentos, como cando todo sexa "un pouco" máis difícil.
(Con cortesía refírome á moderación nas palabras e nos xestos cara as “do outro bando”, posto que ambas queremos o mesmo, e esta debe ser o noso principal obxectivo: sacar do medio ao Pp e deixar atrás a súa maioría absoluta.)

Teñamos claro que é o que (non) queremos, sexamos xustas, e sumemos forzas con quen pensa igual ca nós, traballando cóbado con cóbado dende as bases.
Sexamos boas compañeir*s no camiño, posto que se non é agora o momento de presentar listas conxuntas, se non conseguimos chegar a acordo...
...será máis adiante, de seguro, a partir do 26 de setembro, cando nos toque gobernar xuntas, para unha inmensa maioría de persoas, da nosa veciñanza.

Non hai lugar para dúbidas. O que si hai, é moito traballo por facer. Comeza por ti ;)
#HaiMarea e #PODEMOS, xuntas ou por separado, sexamos libres e que cada unha decida por si mesma!

Moita sorte e ánimos cara este treito (outra vez) decisivo da nosa historia.
E non nos esquezamos de sorrir, iso si... sempre!
Saúdos fraternos, 

RenaRenato  (ao voso servizo)
Inscrito en Podemos, asinante de manifestos “mareíles”, e ante todo, pensador in(ter)dependente


Pd. Vexo sen reservas, o positivo da posibilidade de dúas listas: chegaremos con mensaxes diferentes a un público máis amplo. Conseguiremos unha maior movilización do voto. Tomaremos a Xunta de Galicia.
Pd2. E por último lembrémonos, poderosos e servintes, de sermos humildes, así como de ter o valor de exercelo! :D

miércoles, 27 de julio de 2016

(Tras un largo "descanso"... ) volta á carga!

Descanso aparente, que non paramos quietos.

Enerxías que se moven, unha Consciencia que chega e outra que se estabiliza, collendo Forzas para os novos Tempos nos que xa estamos.

Ser pallaso e traballar na rúa, faise duro cando non é valorado.
Busco as claves, as respostas, a solución a esta "condición" actual na que estou, e tan só sei que debo seguir adiante.

Traballando pola #FelizCidade :o)

en breves procuro subir unhas imaxes para facer a web máis bonita... se queres ir vendo parte do meu traballo, pásate polo meu fb... grazas!!!

www.facebook.com/TururuVigo/

Tururú :o)